21 may 2013

PLAN DE CONSERVACIÓN DO OSO. EXPOSICIÓN DO BORRADOR E PRAZO DE ALEGACIÓNS.

A Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta de Galicia, vén de publicar o pasado 11 de abril de 2013 o proxecto de decreto polo que se revisa o Plan de Recuperación do Oso Pardo en Galicia.

Dende a publicación, hai un prazo de 45 días para facer alegacións ao plan, polo que estimamos que este prazo rematará o vindeiro 26 de maio. 

CONSIDERAMOS QUE É IMPORTANTE PARTICIPAR NA ELABORACIÓN DO PLAN, COÑECENDO O SEU CONTIDO REAL E EXPOÑENDO A OPINIÓN E CONSIDERACIÓNS OPORTUNAS BASADAS NA REALIDADE DO MEDIO. Estas consideracións, agora ben, deben facerse co coñecemento real do documento que se expón. Por iso tratamos de achegar este documento no máximo posible.

O documento a revisar está dispoñible en diversas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza: Delegación da Xunta  de Lugo (edificio multiusos na Ronda da Muralla 70, Lugo), en San Lázaro en Santiago de Compostela, etc. Tamén está dispoñible en internet no seguinte enlace: 
                                     BORRADOR PLAN RECUPERACIÓN OSO.

RECOMENDASE LER CON DETENIMIENTO O CITADO PLAN E ENTENDELO, pois antes de extender impresións de palabra, cómpre coñecer o seu contido.

As persoas que queiran realizar ALEGACIÓNS AO PLAN, poden remitilas a:

1. MEDIANTE ESCRITO, Á DIRECCIÓN XERAL DE CONSERVACIÓN DA NATUREZA DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS, SAN LÁZARO, S/N. 15.781 - SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA), ou ben

2. AO ENDEREZO ELECTRÓNICO biodiversidade2.cma@xunta.es.

DOCUMENTACIÓN:

No hay comentarios: