4 abr. 2013

MESA REDONDA E DEBATE: COMERCIALIZACIÓN DIRECTA DA CARNE, DOS PASTOS DE MONTAÑA Á MESA.

O vindeiro xoves, 11 de abril, ás cinco da tarde, na Casa da Cultura de Becerreá, teremos unha xornada de coñecemento e debate de diferentes metodoloxías de comercialización de carne de xeito directo ou semidirecto.

A xornada, enmarcada no Proxecto de Cooperación Consumir para Conservar, trata de contribuír á relación e diálogo directo entre os produtores de zonas de alta calidade e sensibilidade ambiental, como son Os Ancares e O Courel, e os consumidores.

O programa consistirá nunha mesa redonda de experiencias de comercialización de carne distintas, con técnicos e gandeiros, e un posterior debate no plenario sobre as posibilidades de comercialización na montaña.

No hay comentarios: