17 dic. 2012

ABERTA INSCRICIÓN CURSO FROITEIRAS

Debido aos resultados obtidos da celebración do curso sobre coidado de froiteiras realizado no presente ano 2012, acordouse a continuación nesa liña de traballo dentro do proxecto de cooperación Nuevos Horizontes.

A incrición é gratuíta, se ben pode haber limitación ao número de prazas se houbera moitas solicitudes.

As persoas interesadas deben inscribirse a través de:

no teléfono 982360824,

no enderezo electrónico gdr5ancarescourel
@gmail.com

ou na oficina do técnico de emprego de Baralla, no teléfono 982363685.



A produción de mazá na zona de montaña é unha produción moi interesante dende o punto de vista económico e social. As variedades que se conservan nesta comarca, por exemplo, conxugado coas especiais condicións climáticas, resultan en que moita produción de mazá de sidra teña unhas condicións de calidade moi boas. Sidrerías asturianas referencian moitas veces como gañaron premios de sidra con mazás do Val do Neira. Por outra banda, as pequenas e duras mazás de sidra desta zona mantéñense sen pudrición en almacén durante moito tempo, que é unha vantaxe para os transformadores. É por iso que consideramos que esta zona ten unha realidade hoxe de produción de mazá moi interesante, pero así tamén un potencial de desenvolvemento a través da ampliación da produción. Pode supor un complemento económico moi interesante para as explotacións familiares, centradas especialmente na gandería.

Durante o 2012, dende marzo a setembro, co primeiro curso de coidado de froiteiras, en torno a 35 persoas nos formamos nos coidados cotiás que precisan as froiteiras, especialmente as autóctonas. Aprendemos, entre outras cousas, a replicar patróns, enxertar con enxerto de púa e enxerto de xema, poda estrutural, poda de frutificación, sistemas de prantación, etc. Así mesmo, tamén nos fixemos cunha selección de variedades autóctonas galegas de mazá de sidra e mazá de mesa, de forma que as persoas que as levaron para enxertar nos seus patróns, as teñan sempre identificadas e se poidan novamente replicar. Por outra banda, acudimos a coñecer plantacións de froiteiras profeisonais en ecolóxico da provincia da Coruña, así como á prantación de variedades autóctonas do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Por último, realizamos a Primeira Cata e Concurso de variedades autóctonas da comarca dos Ancares, celebrado no 18 de outubro en Baralla.

En primeiro lugar, nos parece que se debe continuar e profundizar na formación sobre o coidado de froiteiras e na recopilación e conservación de variedades autóctonas. Por isto, acordouse realizar a continuación do curso do ano 2012, enfocado desta volta á práctica na plantación e na conservación de variedades. Aprenderemos pois neste ano a: tomar mostras de solo e analizar os resultados da analítica para calcular doses de abonado e correccións, realizar o deseño de prantación, replicar patróns e enxertar (de púa e de xema), prantar con guía e tutor, etc. Quedará así constituído un pequeno banco de xermoplasma, é dicir, unha pequena prantación de variedades locais, para que produtores da zona poidan posteriormente dispor de púas identificadas para replicar nas súas prantacións.

O curso comezará nas próximas semanas, unha vez se teñan anotado un número mínimo de alumnos que o fagan viable. Os horarios serán de 4 a 7 da tarde, en datas por determinar. É dicir, iranse poñendo as datas de celebración do curso segundo a época en que se deban realizar cada unha das tarefas de coidado das froiteiras.




No hay comentarios: